Entradas

Mostrando entradas de 2020

CHEGA O VERÁN

Imagen
Millón de grazas por esa despedida tan especial a  Nora , Zoe , Xián , Saray , Matteo , Víctor , Xoán , Manuel , Unai , Alan , Ainhoa , Uxía , Mateo , Sara , Eva , Sofía ... e aos que non puidechedes estar pero estabades no vídeo: Egoitz , Michelle , Lucía , Gonzalo , Aroa , Efrén e Anxo e para todas as vosas familias.  Seguide con esa ilusión de saber máis, de coñecer, de descubrir... Coidádevos moito e desfrutade do verán!

MATEO, FINALISTA DO CONCURSO LITERARIO DE XUNQUEIRA!

Imagen
Parabéns Mateo polo teu premio! Gran traballo!    Si, o noso compañeiro quedou finalista no Certame de Debuxo, Conto e Relato "Falando de Solidariedade" que se celebra todos os anos dende o ano 2014, en memoria de Celtia e Eva.  Deixo aquí o seu debuxo e a explicación sobre o mesmo.  Un aplauso moi grande para o noso compañeiro!👏👏👏 Recollerá o premio na Colexiata de Xunqueira o venres, 26 de xuño ás 17.30. Menuda clase de artistas: o curso pasado foi Zoe, este curso será Mateo...

MÁIS ARTE

Imagen
Aquí tendes máis traballos das vosas compañeiras e compañeiros. Estiveron a facelos durante este trimestre para as tarefas de plástica e o Día do Libro. Verdadeiras obras de arte!

ARTE

Imagen
Aquí tendes unhas fotos impresionantes de varias das últimas tarefas vosas: Mondrian, Miró, Letras Galegas, concurso de debuxo de Zahori Books, concurso "Falando de solidaridade"... Unha auténtica marabilla!

DÍA E NOITE

Mirade a explicación de Ainhoa, lanterna en man, dos lugares da Terra onde é día e onde é noite. Parabéns Ainhoa pola túa explicación!

8 de XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Imagen
O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos . A saúde do planeta depende duns océanos limpos e productivos. Lembrarvos o papel tan importante que teñen os océanos na nosa vida. Da mesma forma que os bosques, os océanos son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do oxíxeno que respiramos, Ademais son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera. Ti es unha parte importante para o seu coidado! Non o esquezas! Ver esta publicación en Instagram Repost @revistapantera Nuestro #océano es nuestro futuro 🌱 Cuando pensamos en los riesgos para la salud pública, es posible que no pensemos en el océano. Sin embargo, cada vez más, la salud del océano está íntimamente ligada a nuestra salud. Algunos pueden sorprenderse al saber que organismos descubiertos a profundidades extremas se utilizan para acelerar la detección de #COVID_19, y lo que podría ser aún más asombroso, que este es

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente . Este ano 2020 está adicado á biodiversidade . Como ben explican @ teachersforfuturespain , a biodiversidade   é a variedade de especies vexetais, animais, microorganismos, ecosistemas onde vivimos nós e todas estas especies animais, vexetais... Sabedes que está en perigo pola acción do home? Botade unha ollada a estes posts de Instagram que publican @teachersforfuturespain . Nós temos que axudar a súa protección.  Cada gran de area é importante! Engade o teu!   Ver esta publicación en Instagram La #biodiversidad biológica es la variedad de especies vegetales, animales y de microorganismos pero también la variedad genética dentro de cada especie, así como la variedad de #ecosistemas. Hoy más que nunca tenemos que ser conscientes de que nuestra supervivencia depende de su riqueza, no sólo nos aporta alimentos, medicamentos y todo tipo de recurso

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Imagen
Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero . Fixemos diferentes actividades e tamén lemos, entre outras obras,  " As pitas baixo a chuvia ". Algúns de vós ilustráchedes esta historia. Mirade que fermosos debuxos!

THE ALARICANS PRESENTAN "PLÁSTICOS"

Imagen
" The Alaricans " presentan desde o confinamento " Plásticos " e recomendan que, aínda que sexa difícil, non debemos esquecer a importancia que ten reducir o consumo e reciclar para coidar o noso planeta.

MÁIS RECEITAS

Imagen
Aquí quedan fotos de Xoán e Nora cociñando e pasándoo xenial, dos xeados que fixo Zoe para tomar en familia e do biscoito de Saray . Marabillosas receitas e cociñeiros xeniais!

ENREDADOS COA COCIÑA

Imagen
Seguimos enredados coa cociña. Cada día un de vós envía a súa receita. Aquí vedes as fotos do voso compañeiro Alan e o seu irmán preparando unha pizza con queixo, xamón e olivas. Riquísima, seguro.

SEGUIMOS COCIÑANDO

Imagen
Hoxe é Nora quen comparte con nós unha estupenda e moi saudable sobremesa: serpe de froitas . Esta receita está elaborada con catro amorodos, medio plátano, medio kiwi, nata e unha lambetada. Deliciosa! Mateo prepara uns riquísimos croissants caseros , con fariña, fermento, leite, manteiga, azucre e ovos. Amasa, prepara, deixa repousar, mete ao forno e mirade o resultado final! O croissant con forma de cangrexo!

E SEGUEN CHEGANDO NOVAS RECEITAS

Seguimos a ver receitas súper saborosas!  O mellor é ver que estades aí, traballando, tan guapas e guapos coma sempre.  Hoxe recibín a receita de Unai , un zume moi san, ademais do biscoito de Sara . Eva  tamén estivo a facer galletas de espiral con dous sabores.  Lucía explícanos paso a paso como facer unas mini pizzas : preparación da masa, ingredientes, como van ao forno...  Déixovos un par de vídeos destes traballos.                         

COCIÑANDO

Imagen
Aquí están dous dos nosos compañeiros coas mans na masa, elaborando unhas apetitosas receitas. Xián está facendo tortiñas para o seu almorzo e Víctor prepara unhas galletas para a sobremesa. Dan ganas de probalo todo, non si? 

MAIOS 2020

Este e o vídeo onde están expostos todos os maios  participantes no Concurso convocado pola Área de Cultura do Concello de Allariz. Parabéns a todos os participantes e moitos parabéns a Mateo e Sabela , que gañaron o 2º premio!

MÁIS MAIOS...

Imagen
Eva , de 2º A, tamén aproveitou as súas saídas pola natureza para recoller xestas de diferentes cores, flores, follas... e elaborou un bonito maio, coa axuda do seu irmán Roi . Empregaron tamén materiais de reciclaxe. Mirade nas fotos o ben que traballaron e o resultado final! Grazas, Eva, por compartir!

O ARCO DA VELLA , TODO SAIRÁ BEN

Imagen
Hoxe tamén recibín unhas fotos de Mateo de 2º A e a súa irmá Sabela . Fixeron un precioso arco da vella con xestas, flores e un feixe de materiais que atoparon ao redor da súa casa e que comparten con todos nós. Mirade que preciosidade! Deixo fotos de todo o proceso e das coplas. Gran traballo!

O CORONAVIRUS FEITO MAIO

Imagen
Tamén queremos compartir con vós esta fantástica idea de Unai  (2º) e Ian (4º) que convertiron nun fermoso maio, elementos da natureza que atoparon nos seus paseos diarios, cos que elaboraron o virus do que todos estamos a falar:   O CORONAVIRUS .  Ademais fixeron unhas copliñas xeniais, que podedes ler.

VELAQUÍ VEN O MAIO

Imagen
 Os Maios celébranse para anunciar a chegada da primavera e o final do inverno. Este ano non podemos ir á Barreira para ver os maios e cantar as coplas pero   Aser Puig Álvarez de 2º B e Irene mándannos esta fermosa foto dun maio que fixeron eles na   casa. "A nai natureza  coas súas f l o r e s trae para os maios moitas, moitas c o r e s "

CHEGADA DOS MAIOS

Imagen
Este ano a celebración da Festa dos Maios é moi diferente, pero podedes  confeccionar un maio na casa. Poderá ser con elementos naturais que atopedes nos paseos, materiais de reciclaxe que teñades na casa ou simplemente un debuxo ou mural. Aquí tes a proposta  do Concello! Feliz chegada do maio! Premede na imaxe para ver as bases do concurso

DÍA DO LIBRO VIRTUAL

Imagen
Lembrades a proposta do Equipo da Biblioteca Escolar da nosa escola para este 23 de abril, Día do Libro? Pois aquí tendes algúns dos marabillosos traballos que presentáchedes, porque eran tantísimos que non podían poñelos todos. Deixo aquí a ligazón para que os disfrutedes. Tamén os podedes ver dende o blog da BE, " Soños de papel ". Xa sabedes, premendo na imaxe, tendes acceso ao blog " Soños de papel ", onde están expostos algúns dos vosos traballos.

Pequena e GRANDE: Gloria Fuertes

Imagen
Escoitade a vida de Gloria Fuertes , contada por Mateo (de 2º) a súa irmá e a súa nai. É a historia dunha muller moi especial, unha nena que nunca quixo medrar. Atentísimos! O conto ten efectos especiais! O libro está escrito por María Isabel Sánchez Vegara e ilustrado por Cinta Arribas (Alba Editorial). Se premedes na portada do libro, podedes ver o conto, que está na Charca dos libros (CEIP Rosalía de Castro-Xinzo de Limia)

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA...CONTADA DAS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL

Imagen
E non podedes ter mellor agasallo que este conto no Día do Libro... Premede na imaxe para enlazar co conto

OUTROS BLOGS DO COLE

Imagen
Máis sorpresas! Faleivos xa dos blogs de   EF ,   música ,   inglés , de  O recuncho da luz ...pero hai moitísimos máis na nosa escola, que tamén podedes mirar: o de Educación Infantil (que lembranzas!), o das TICS (con todas as actuacións e moitos recursos), o da BE   (Biblioteca Escolar) con información sobre libros, actividades e demais, e como non, o do noso cole, CEIP PADRE FEIJOO . Botade unha ollada! E...xa sabedes, facendo clic nas imaxes, accederedes a cada un deles!