Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como xogos

DÍA DA TERRA, 22 DE ABRIL, 2020

Imagen
Sabedes que é un " doodle "? Buscádeo en Google e atoparédelo. Hoxe, 22 de abril, é o día adicado á Terra.  Xa sabedes que non hai "planeta B" e que temos que coidar no que nos atopamos.  Parte fundamental do noso planeta son as abellas, nomeadas como os animais máis importantes do mundo.  Deixo o  doodle  adicado ao día de hoxe que é un xogo interactivo! Non esquezades darlle ao PLAY! Neste xogo, podedes axudar á abelliña a polinizar as flores. E...que é "polinizar"? É importante? Investigade! Xa sabedes, facendo clic na imaxe poderedes acceder ao xogo

XOGOS ON LINE... E MOITO MÁIS

Imagen
Se facedes clic nestas dúas ligazóns: Xogos infantiles e Mundo Primaria poderedes acceder a xogos online e fichas de todas as materias da escola: mates, lengua, inglés, ciencias sociais, ciencias naturais. Ademais tendes debuxos, sopas de letras e unha morea de cousas que vos poden gustar. Grazas, profe Ana, por compartir.

HOXE...ORTODESAFÍO

ANTES DE COMEZAR...LEMBRAS O TEU HORARIO?

Bo día! Antes de comezar coas tarefas deste 3º trimestre...es capaz de lembrar o teu horario???  Fai este quizz e compróbao. Este xogo é só para 2º A, xa que, como sabedes, temos un horario diferente os dous cursos. Sorte!

PINTAR ONLINE e MEMORY GAME

Imagen
Deixo aquí unha actividade para facer online aproveitando que estamos en época de Pascua. Trátase de colorear  debuxos relacionados con estas datas. Tendes que ser moi coidadosos para facelo ben. Ánimo! Elixides o que máis vos guste e comezades. Facedes click nas cores que queirades e...a traballar! Podedes ir cambiando de cor. Premede no lapis para comezar ! Outro xogo que xa sei que vos gusta e, onde temos que prestar unha gran atención, é o Memory . Aquí tendes outra ligazón para que poidades xogar. Antes de comezar tendes que escribir a vosa data de nacemento e a continuación elixir o número de cartas coas que queredes xogar: dende 4 a 24 (onde está escrito Speel Nu ) de menor a maior dificultade. Cada vez que encontredes unha parella, voará unha bolboreta e iredes aumentando puntos no marcador que está arriba a dereita. Premede na imaxe para comezar ! Sorte!

APPS EDUCATIVAS PARA NENOS

Imagen
Para repasar online, cun pouco de xogo, no blogdelprofe , atopamos 10 apps educativas onde os nenos poden repasar matemáticas, lingua, inglés... Premede na imaxe e elixide cal é a que queredes utilizar : Quizziz, Simpler, Flipped Primary, Academons Primaria, Ta-tum, Smartick, Smile and Learn, M.A.R.S, Cerebriti Edu. Só tes que buscalas e descargalas! Pasade un bo día!