Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como vídeos

DÍA E NOITE

Mirade a explicación de Ainhoa, lanterna en man, dos lugares da Terra onde é día e onde é noite. Parabéns Ainhoa pola túa explicación!

8 de XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Imagen
O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos . A saúde do planeta depende duns océanos limpos e productivos. Lembrarvos o papel tan importante que teñen os océanos na nosa vida. Da mesma forma que os bosques, os océanos son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do oxíxeno que respiramos, Ademais son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera. Ti es unha parte importante para o seu coidado! Non o esquezas! Ver esta publicación en Instagram Repost @revistapantera Nuestro #océano es nuestro futuro 🌱 Cuando pensamos en los riesgos para la salud pública, es posible que no pensemos en el océano. Sin embargo, cada vez más, la salud del océano está íntimamente ligada a nuestra salud. Algunos pueden sorprenderse al saber que organismos descubiertos a profundidades extremas se utilizan para acelerar la detección de #COVID_19, y lo que podría ser aún más asombroso, que este es...

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente . Este ano 2020 está adicado á biodiversidade . Como ben explican @ teachersforfuturespain , a biodiversidade   é a variedade de especies vexetais, animais, microorganismos, ecosistemas onde vivimos nós e todas estas especies animais, vexetais... Sabedes que está en perigo pola acción do home? Botade unha ollada a estes posts de Instagram que publican @teachersforfuturespain . Nós temos que axudar a súa protección.  Cada gran de area é importante! Engade o teu!   Ver esta publicación en Instagram La #biodiversidad biológica es la variedad de especies vegetales, animales y de microorganismos pero también la variedad genética dentro de cada especie, así como la variedad de #ecosistemas. Hoy más que nunca tenemos que ser conscientes de que nuestra supervivencia depende de su riqueza, no sólo nos aporta alimentos, medicamentos y t...

THE ALARICANS PRESENTAN "PLÁSTICOS"

Imagen
" The Alaricans " presentan desde o confinamento " Plásticos " e recomendan que, aínda que sexa difícil, non debemos esquecer a importancia que ten reducir o consumo e reciclar para coidar o noso planeta.

DÍA DO LIBRO VIRTUAL

Imagen
Lembrades a proposta do Equipo da Biblioteca Escolar da nosa escola para este 23 de abril, Día do Libro? Pois aquí tendes algúns dos marabillosos traballos que presentáchedes, porque eran tantísimos que non podían poñelos todos. Deixo aquí a ligazón para que os disfrutedes. Tamén os podedes ver dende o blog da BE, " Soños de papel ". Xa sabedes, premendo na imaxe, tendes acceso ao blog " Soños de papel ", onde están expostos algúns dos vosos traballos.

Pequena e GRANDE: Gloria Fuertes

Imagen
Escoitade a vida de Gloria Fuertes , contada por Mateo (de 2º) a súa irmá e a súa nai. É a historia dunha muller moi especial, unha nena que nunca quixo medrar. Atentísimos! O conto ten efectos especiais! O libro está escrito por María Isabel Sánchez Vegara e ilustrado por Cinta Arribas (Alba Editorial). Se premedes na portada do libro, podedes ver o conto, que está na Charca dos libros (CEIP Rosalía de Castro-Xinzo de Limia)

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA...CONTADA DAS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL

Imagen
E non podedes ter mellor agasallo que este conto no Día do Libro... Premede na imaxe para enlazar co conto

OU ISO OU AQUILO

Imagen
Como levamos moitos días na casa, botamos de menos as rúas, os parques, o río, as pontes, a escola, aos compañeiros de clase, aos amigos, aos mestres... Para non esquecervos de todos estes lugares, aquí tendes un vídeo que axudará a refrescar a vosa memoria. Foi elaborado fai dous anos polos alumnos e alumnas que están agora en 4º de Educación Primaria. Tendes que velo ata o final e descubriredes a dúas mestras que coñecedes moi, moi ben.

DESDE A MIÑA FIESTRA

Ola chicos! Sabedes que é un time-lapse ? A palabra ven do inglés: time significa tempo e lapse é un anaco de tempo moi curto. Así que coa túa cámara fotográfica ou cámara do móbil fas fotografías cada pouco tempo e únense todas para crealo. Este que tendes aquí está feito desde unha fiestra de Allariz  durante unhas horas. Fixádevos que rápido pasan as nubes ou os coches. A canción é de Magín Blanco , interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández do álbum Doutor Apertas: Tributo a Magín Blanco . Grazas. A que parece que o tempo pasa axiña? Vós tamén podedes facelo coa axuda dun adulto, claro! Seguro que algún móbil dos vosos pais ten a función time-lapse.

E CON TODOS VÓS...ZOE

Imagen
Sabedes que? Zoe Álvarez Díaz da clase de 2ºA do CEIP Padre Feijoo de Allariz gañou o Concurso de debuxo de Hoteis Oca . Tratábase de debuxar a aventura que lle gustaría ter en canto poida saír da casa. Ela debuxou a súa familia nunha fermosa praia en Foz. Velaquí o debuxo que fixo e a Zoe con Lupa, falando da súa obra. PARABÉNS ZOE!

DEBUXO PASCUA

Imagen
Como se aproxima a Pascua, propoñémosvos debuxar un coelliño!!! Mirade o vídeo que vos deixo, collede un folio e rotuladores ou pinturas e ánimo! Lembrade, xa fixemos esta actividade na clase, ide parando o vídeo cando o necesitedes!

E CON TODOS VÓS....2º A

Non podía recibir mellor agasallo para rematar a semana! Grazas! Bótovos de menos! Unha aperta virtual!💓

60-MINUTE SPECIAL CIRQUE DU SOLEIL 3 ABRIL

Imagen
E non vai ser só repasar... Se queredes ver un especial do Cirque du Soleil , aquí queda o vídeo:

QUÉROTE MÁIS

Imagen
Como dicimos na introdución do vídeo: "O agarimo de todas as mestras e mestres chega a vosa casa en forma de canción". Ánimo, xuntos venceremos! Todo vai saír ven" Que pasedes un bo día e...vémonos axiña!

COMECEMOS A COIDAR A NOSA PLANTA!

Imagen
Déixovos aquí unha ligazón súper chula, Aulas Galegas .  Para o noso curso xa recopilaron un montón de material, dende facer un flashmob con toda a familia . Aquí volo explican os nenos e nenas do CEIP de Bandeira. ata repasar as táboas de multiplicar, que nós andamos a aprender, cun xogo . Preme na imaxe de abaixo para empezar o xogo. Tendes aquí as indicacións . Esta actividade é de Olga Patiño.