Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Imagen
Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero . Fixemos diferentes actividades e tamén lemos, entre outras obras,  " As pitas baixo a chuvia ". Algúns de vós ilustráchedes esta historia. Mirade que fermosos debuxos!

THE ALARICANS PRESENTAN "PLÁSTICOS"

Imagen
" The Alaricans " presentan desde o confinamento " Plásticos " e recomendan que, aínda que sexa difícil, non debemos esquecer a importancia que ten reducir o consumo e reciclar para coidar o noso planeta.

MÁIS RECEITAS

Imagen
Aquí quedan fotos de Xoán e Nora cociñando e pasándoo xenial, dos xeados que fixo Zoe para tomar en familia e do biscoito de Saray . Marabillosas receitas e cociñeiros xeniais!

ENREDADOS COA COCIÑA

Imagen
Seguimos enredados coa cociña. Cada día un de vós envía a súa receita. Aquí vedes as fotos do voso compañeiro Alan e o seu irmán preparando unha pizza con queixo, xamón e olivas. Riquísima, seguro.

SEGUIMOS COCIÑANDO

Imagen
Hoxe é Nora quen comparte con nós unha estupenda e moi saudable sobremesa: serpe de froitas . Esta receita está elaborada con catro amorodos, medio plátano, medio kiwi, nata e unha lambetada. Deliciosa! Mateo prepara uns riquísimos croissants caseros , con fariña, fermento, leite, manteiga, azucre e ovos. Amasa, prepara, deixa repousar, mete ao forno e mirade o resultado final! O croissant con forma de cangrexo!

E SEGUEN CHEGANDO NOVAS RECEITAS

Seguimos a ver receitas súper saborosas!  O mellor é ver que estades aí, traballando, tan guapas e guapos coma sempre.  Hoxe recibín a receita de Unai , un zume moi san, ademais do biscoito de Sara . Eva  tamén estivo a facer galletas de espiral con dous sabores.  Lucía explícanos paso a paso como facer unas mini pizzas : preparación da masa, ingredientes, como van ao forno...  Déixovos un par de vídeos destes traballos.                         

COCIÑANDO

Imagen
Aquí están dous dos nosos compañeiros coas mans na masa, elaborando unhas apetitosas receitas. Xián está facendo tortiñas para o seu almorzo e Víctor prepara unhas galletas para a sobremesa. Dan ganas de probalo todo, non si? 

MAIOS 2020

Este e o vídeo onde están expostos todos os maios  participantes no Concurso convocado pola Área de Cultura do Concello de Allariz. Parabéns a todos os participantes e moitos parabéns a Mateo e Sabela , que gañaron o 2º premio!

MÁIS MAIOS...

Imagen
Eva , de 2º A, tamén aproveitou as súas saídas pola natureza para recoller xestas de diferentes cores, flores, follas... e elaborou un bonito maio, coa axuda do seu irmán Roi . Empregaron tamén materiais de reciclaxe. Mirade nas fotos o ben que traballaron e o resultado final! Grazas, Eva, por compartir!

O ARCO DA VELLA , TODO SAIRÁ BEN

Imagen
Hoxe tamén recibín unhas fotos de Mateo de 2º A e a súa irmá Sabela . Fixeron un precioso arco da vella con xestas, flores e un feixe de materiais que atoparon ao redor da súa casa e que comparten con todos nós. Mirade que preciosidade! Deixo fotos de todo o proceso e das coplas. Gran traballo!

O CORONAVIRUS FEITO MAIO

Imagen
Tamén queremos compartir con vós esta fantástica idea de Unai  (2º) e Ian (4º) que convertiron nun fermoso maio, elementos da natureza que atoparon nos seus paseos diarios, cos que elaboraron o virus do que todos estamos a falar:   O CORONAVIRUS .  Ademais fixeron unhas copliñas xeniais, que podedes ler.

VELAQUÍ VEN O MAIO

Imagen
 Os Maios celébranse para anunciar a chegada da primavera e o final do inverno. Este ano non podemos ir á Barreira para ver os maios e cantar as coplas pero   Aser Puig Álvarez de 2º B e Irene mándannos esta fermosa foto dun maio que fixeron eles na   casa. "A nai natureza  coas súas f l o r e s trae para os maios moitas, moitas c o r e s "