DESDE A MIÑA FIESTRA

Ola chicos!

Sabedes que é un time-lapse?

A palabra ven do inglés: time significa tempo e lapse é un anaco de tempo moi curto. Así que coa túa cámara fotográfica ou cámara do móbil fas fotografías cada pouco tempo e únense todas para crealo.

Este que tendes aquí está feito desde unha fiestra de Allariz  durante unhas horas. Fixádevos que rápido pasan as nubes ou os coches.

A canción é de Magín Blanco, interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández do álbum Doutor Apertas: Tributo a Magín Blanco. Grazas.

A que parece que o tempo pasa axiña?

Vós tamén podedes facelo coa axuda dun adulto, claro! Seguro que algún móbil dos vosos pais ten a función time-lapse.





Comentarios