PINTAR ONLINE e MEMORY GAME

Deixo aquí unha actividade para facer online aproveitando que estamos en época de Pascua. Trátase de colorear debuxos relacionados con estas datas. Tendes que ser moi coidadosos para facelo ben. Ánimo! Elixides o que máis vos guste e comezades. Facedes click nas cores que queirades e...a traballar! Podedes ir cambiando de cor. Premede no lapis para comezar!






Outro xogo que xa sei que vos gusta e, onde temos que prestar unha gran atención, é o Memory. Aquí tendes outra ligazón para que poidades xogar. Antes de comezar tendes que escribir a vosa data de nacemento e a continuación elixir o número de cartas coas que queredes xogar: dende 4 a 24 (onde está escrito Speel Nu) de menor a maior dificultade. Cada vez que encontredes unha parella, voará unha bolboreta e iredes aumentando puntos no marcador que está arriba a dereita. Premede na imaxe para comezar! Sorte!





Comentarios