Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

O RECUNCHO DA LUZ

Imagen
Coñeces o Recuncho da luz ? As actividades, retos e xogos, que a profe Vanesa de Educación Infantil está a propor para os máis pequenos. O proxecto xorde como unha necesidade de transmitir o que se fai día a día cos nenos e nenas de Infantil e facelo chegar ás familias. A través dunha páxina en Instagram, @orecunchodaluz , converteuse nunha ferramenta, na que diariamente Vanesa se comunica cos nenos e nenas propóndolle actividades, xogos e retos para pasar estes días o mellor posible. Podes premer na imaxe par ver todas estas marabillosas actividades!

O XARDÍN DE VIOLETA

Imagen
Ola chicos/as! Benvidos ao noso blog, o blog de 2º. Por que  o nome?  Vouvos contar: "O xardín de Violeta" é o título do libro que iamos ler neste mes e que xa sei que algúns deixastes no aula, outros ao mellor na casa e a outros nin vos deu tempo de mercalo. Non importa! Vouvos ir contando eu a historia! Violeta, a protagonista, é unha nena que coida da súa planta de interior. Ela pensa que se trata dun "dente de león". Sabedes como é? Nós, nestes días tamén debemos coidar a nosa plantiña de interior.  Aquí imos dando instrucións de como facelo. Así que non esquezades miralo todos os días! Ánimo e forza!💪

LER, LER E LER...EU LEO NA CASA

Imagen
Como pasamos tanto tempo na casa, podemos adicar moitísimas horas a ler. Aquí tendes algunhas ligazóns de libros que podedes ler no ordenador, na tablet...Só tendes que premer no que máis vos guste e... xa o podedes ler. Esperamos que vos gusten!👍                

REPASAMOS!

Imagen
Ola familias! Estivemos a buscar algunhas fichas coas que os vosos fillos/as poidan  repasar o aprendido durante o curso e... aquí tendes unha ligazón interesante dunha editorial La Calesa coa que traballabamos ás veces na clase de Lingua Castelá e que vos pode servir de axuda. Se premedes na imaxe, podedes velas e descargalas!

CONTACONTOS: "O XARDÍN DE VIOLETA"...EU LEO NA CASA

Imagen
Contacontos de "El jardín de Violeta". Alicia González, a autora e ilustradora do libro, cóntanos a súa historia. Escoitádea! É xenial! Lembrade: Open your eyes👀, open your ears👂 and close your mouth👄! Non esquezas premer na portada do libro para oír o conto!!!

COMECEMOS A COIDAR A NOSA PLANTA!

Imagen
Déixovos aquí unha ligazón súper chula, Aulas Galegas .  Para o noso curso xa recopilaron un montón de material, dende facer un flashmob con toda a familia . Aquí volo explican os nenos e nenas do CEIP de Bandeira. ata repasar as táboas de multiplicar, que nós andamos a aprender, cun xogo . Preme na imaxe de abaixo para empezar o xogo. Tendes aquí as indicacións . Esta actividade é de Olga Patiño.