O RECUNCHO DA LUZ


orecunchodaluz

Coñeces o Recuncho da luz? As actividades, retos e xogos, que a profe Vanesa de Educación Infantil está a propor para os máis pequenos. O proxecto xorde como unha necesidade de transmitir o que se fai día a día cos nenos e nenas de Infantil e facelo chegar ás familias. A través dunha páxina en Instagram, @orecunchodaluz, converteuse nunha ferramenta, na que diariamente Vanesa se comunica cos nenos e nenas propóndolle actividades, xogos e retos para pasar estes días o mellor posible. Podes premer na imaxe par ver todas estas marabillosas actividades!

Comentarios