O XARDÍN DE VIOLETA

Ola chicos/as! Benvidos ao noso blog, o blog de 2º.
Por que  o nome?  Vouvos contar: "O xardín de Violeta" é o título do libro que iamos ler neste mes e que xa sei que algúns deixastes no aula, outros ao mellor na casa e a outros nin vos deu tempo de mercalo. Non importa! Vouvos ir contando eu a historia!

Violeta, a protagonista, é unha nena que coida da súa planta de interior. Ela pensa que se trata dun "dente de león". Sabedes como é?



Nós, nestes días tamén debemos coidar a nosa plantiña de interior.  Aquí imos dando instrucións de como facelo. Así que non esquezades miralo todos os días!

Ánimo e forza!💪

Comentarios