Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

CHEGADA DOS MAIOS

Imagen
Este ano a celebración da Festa dos Maios é moi diferente, pero podedes  confeccionar un maio na casa. Poderá ser con elementos naturais que atopedes nos paseos, materiais de reciclaxe que teñades na casa ou simplemente un debuxo ou mural. Aquí tes a proposta  do Concello! Feliz chegada do maio! Premede na imaxe para ver as bases do concurso

DÍA DO LIBRO VIRTUAL

Imagen
Lembrades a proposta do Equipo da Biblioteca Escolar da nosa escola para este 23 de abril, Día do Libro? Pois aquí tendes algúns dos marabillosos traballos que presentáchedes, porque eran tantísimos que non podían poñelos todos. Deixo aquí a ligazón para que os disfrutedes. Tamén os podedes ver dende o blog da BE, " Soños de papel ". Xa sabedes, premendo na imaxe, tendes acceso ao blog " Soños de papel ", onde están expostos algúns dos vosos traballos.

Pequena e GRANDE: Gloria Fuertes

Imagen
Escoitade a vida de Gloria Fuertes , contada por Mateo (de 2º) a súa irmá e a súa nai. É a historia dunha muller moi especial, unha nena que nunca quixo medrar. Atentísimos! O conto ten efectos especiais! O libro está escrito por María Isabel Sánchez Vegara e ilustrado por Cinta Arribas (Alba Editorial). Se premedes na portada do libro, podedes ver o conto, que está na Charca dos libros (CEIP Rosalía de Castro-Xinzo de Limia)

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA...CONTADA DAS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL

Imagen
E non podedes ter mellor agasallo que este conto no Día do Libro... Premede na imaxe para enlazar co conto

OUTROS BLOGS DO COLE

Imagen
Máis sorpresas! Faleivos xa dos blogs de   EF ,   música ,   inglés , de  O recuncho da luz ...pero hai moitísimos máis na nosa escola, que tamén podedes mirar: o de Educación Infantil (que lembranzas!), o das TICS (con todas as actuacións e moitos recursos), o da BE   (Biblioteca Escolar) con información sobre libros, actividades e demais, e como non, o do noso cole, CEIP PADRE FEIJOO . Botade unha ollada! E...xa sabedes, facendo clic nas imaxes, accederedes a cada un deles!

DÍA DO LIBRO, 23 ABRIL 2020

Imagen
Hoxe, 23 abril , celebramos o día do libro . Cando abres e les un libro... imaxina todas as aventuras que tes por diante!   Surfear por as páxinas dun libro e descubrir todo o que nos podemos divertir lendo!  Mira esta curtametraxe e descubrirás o que che estou contando.  E as cancións tamén son coma libros, tamén contan historias... Escoitade esta!  Titúlase "Todo o día na casiña"👇

DÍA DA TERRA, 22 DE ABRIL, 2020

Imagen
Sabedes que é un " doodle "? Buscádeo en Google e atoparédelo. Hoxe, 22 de abril, é o día adicado á Terra.  Xa sabedes que non hai "planeta B" e que temos que coidar no que nos atopamos.  Parte fundamental do noso planeta son as abellas, nomeadas como os animais máis importantes do mundo.  Deixo o  doodle  adicado ao día de hoxe que é un xogo interactivo! Non esquezades darlle ao PLAY! Neste xogo, podedes axudar á abelliña a polinizar as flores. E...que é "polinizar"? É importante? Investigade! Xa sabedes, facendo clic na imaxe poderedes acceder ao xogo

CONTO E "CONSELLIÑOS"

Imagen
Atentos e atentas ao que é capaz de facer cun papel  e un rotulador esta muller! Ademáis de contar o conto, dá uns conselliños para facer fronte ao virus. 😉 E, mentres tanto, queda na casa!

DÍA DO LIBRO 2020

Imagen
DÍA DO LIBRO 2020 Prezadas familias, hai unhas semanas o profesorado do Colexio propúxovos unha actividade para conmemorar o Día do Libro . Cada neno/a (voluntariamente) podía elaborar un debuxo ou unha maqueta do seu libro favorito, utilizando libremente materiais que atoparan na casa. A idea orixinal era expoñer os traballos nos corredores do colexio á volta da corentena. Como se alargou máis do que pensabamos, o  Equipo de Biblioteca  propón que fagades  (sempre de forma voluntaria),  unha fotografía, o máis nítida posible, para elaborar un vídeo cos marabillosos traballos que fixestes! As fotografías  deberán enviarse con data límite o día 26 de ABRIL , á seguinte dirección de correo:  sfortes@edu.xunta.es Grazas pola vosa colaboración!! Un cordial saúdo! "Os libros como o mar, desafíannos a surcar o infinito"

OU ISO OU AQUILO

Imagen
Como levamos moitos días na casa, botamos de menos as rúas, os parques, o río, as pontes, a escola, aos compañeiros de clase, aos amigos, aos mestres... Para non esquecervos de todos estes lugares, aquí tendes un vídeo que axudará a refrescar a vosa memoria. Foi elaborado fai dous anos polos alumnos e alumnas que están agora en 4º de Educación Primaria. Tendes que velo ata o final e descubriredes a dúas mestras que coñecedes moi, moi ben.

XOGOS ON LINE... E MOITO MÁIS

Imagen
Se facedes clic nestas dúas ligazóns: Xogos infantiles e Mundo Primaria poderedes acceder a xogos online e fichas de todas as materias da escola: mates, lengua, inglés, ciencias sociais, ciencias naturais. Ademais tendes debuxos, sopas de letras e unha morea de cousas que vos poden gustar. Grazas, profe Ana, por compartir.

MINI CADERNOS ELABORADOS

Imagen
Ola chicos!  A Mateo de 2º A gustoulle a idea de onte, a tarefa de plástica e, seguindo as instrucións do vídeo, fixo 3 mini cadernos . Aquí o tendes, xunto coa súa irmá Sabela , que o curso que ven xa estará na nosa escola. Chulísimos, Mateo! Grazas por compartir!

GOOGLE CLASSROOM 2º A

Imagen
Dende hoxe podedes utilizar a plataforma educativa GOOGLE CLASSROOM para a presentación das vosas tarefas. Aquí tendes a nosa clase de 2º A.  O código é: e7ziogc Se premedes na foto, entraredes directamente a nosa clase virtual de 2º A en Google Classroom.

PLAN DE TRABALLO PARA O PRIMEIRO DÍA

Bota unha ollada ao que podes facer hoxe!

HORA DE LER: ROSA CARAMELO

Imagen
Lembrades que despois do primeiro recreo adicamos un tempiño á " Hora de ler "? Ás veces ledes vós en silencio contos da biblioteca de aula, ás veces lemos en voz alta contos que traedes da casa, outras leo eu algún conto, tamén vemos vídeos dos contos...  Pois hoxe, como estades cada un na vosa casa, podemos lembrar o conto:  Rosa Caramelo de Kalandraka TV: Contos Contados .   Está narrado por Sandra Senra. Escoitade! E...xa sabedes, facede clic na imaxe para escoitar o conto.

HOXE...ORTODESAFÍO

VILAREANDO...BLOG DE E.F.

Imagen
A profe Natalia tamén ten un blog !!! Nel atoparedes propostas de xogos (pedra, papel, tesoira; raio láser ou xogos con globos...), propostas para facer  ioga , xogos de observación da natureza dende a nosa casa e moitas outras máis... Así que, coma sempre, deixo a ligazón aquí para que o poidades ver. Xa sabedes, facede clic na imaxe de abaixo para poder visualizalo. Tamén podedes acceder dende o blog do cole .

BLOG DE MÚSICA DO COLE!

Imagen
Bos días chicos! Sabedes que a profe Susana creou un blog para contarvos que actividades musicais podedes facer nestes días na vosa casa?  Deixo aquí a ligazón para que o poidades ver e practicar con ela moitas cancións. Xa sabedes, premede na imaxe de abaixo para poder velo. Vedes onde pon 2º de Primaria , á esquerda ? Aí é onde tendes que facer clic. Non dubidedes en seguilo!   Que pasedes un bo día!😉

ANTES DE COMEZAR...LEMBRAS O TEU HORARIO?

Bo día! Antes de comezar coas tarefas deste 3º trimestre...es capaz de lembrar o teu horario???  Fai este quizz e compróbao. Este xogo é só para 2º A, xa que, como sabedes, temos un horario diferente os dous cursos. Sorte!

DESDE A MIÑA FIESTRA

Ola chicos! Sabedes que é un time-lapse ? A palabra ven do inglés: time significa tempo e lapse é un anaco de tempo moi curto. Así que coa túa cámara fotográfica ou cámara do móbil fas fotografías cada pouco tempo e únense todas para crealo. Este que tendes aquí está feito desde unha fiestra de Allariz  durante unhas horas. Fixádevos que rápido pasan as nubes ou os coches. A canción é de Magín Blanco , interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández do álbum Doutor Apertas: Tributo a Magín Blanco . Grazas. A que parece que o tempo pasa axiña? Vós tamén podedes facelo coa axuda dun adulto, claro! Seguro que algún móbil dos vosos pais ten a función time-lapse.

EU LEO NA CASA

Imagen
Dende Pintar-Pintar Editorial e en colaboración cos autores dos libros, podemos ler unha morea de libros on line na súa Nubeteca . Só tendes que facer click nun dos seus libros e xa podedes lelo. Só nos piden un par de cousas...Abride un deles e veredes! Premede nesta nubeteca e elixide o libro que queredes ler

ACCESO ÁS AULAS VIRTUAIS DE SANTILLANA E ANAYA

Ola familias, Deixo información de como acceder ás aulas virtuais de Santillana e Anaya, que son dúas das que utilizamos en clases. Para acceder á  aula virtual de Santillana tendes que ir a web www.aulavirtual.santillana.es e introducir usuario e contrasinal (é o mesmo para todos).Cando vexades o libro, facede clic en ler on line e arriba á esquerda veredes un caixón de cor azul que é onde están todas as actividades interactivas. O usuario é 32000058-0016-0001 e o contrasinal, AgvYZkpn Para acceder a web do alumnado de Anaya , tendes que ter un enderezo electrónico e facer o rexistro.  Unha vez feito, enviarán  un correo dende onde podedes acceder. Para cargar os recursos na estantería facede clic en engadir licencia e engadide o código que está na contraportada do libro do 1º trimestre e unha vez introducido este código, poderedes acceder ás actividades interactivas .

RESISTIREI!

Non vos perdades esta curta ! Uns compañeiros do cole filmaron a súa peculiar visión do mundo durante todos estes días. Fixádevos nos créditos! Xenial traballo!!!

PINTAR ONLINE e MEMORY GAME

Imagen
Deixo aquí unha actividade para facer online aproveitando que estamos en época de Pascua. Trátase de colorear  debuxos relacionados con estas datas. Tendes que ser moi coidadosos para facelo ben. Ánimo! Elixides o que máis vos guste e comezades. Facedes click nas cores que queirades e...a traballar! Podedes ir cambiando de cor. Premede no lapis para comezar ! Outro xogo que xa sei que vos gusta e, onde temos que prestar unha gran atención, é o Memory . Aquí tendes outra ligazón para que poidades xogar. Antes de comezar tendes que escribir a vosa data de nacemento e a continuación elixir o número de cartas coas que queredes xogar: dende 4 a 24 (onde está escrito Speel Nu ) de menor a maior dificultade. Cada vez que encontredes unha parella, voará unha bolboreta e iredes aumentando puntos no marcador que está arriba a dereita. Premede na imaxe para comezar ! Sorte!

E CON TODOS VÓS...ZOE

Imagen
Sabedes que? Zoe Álvarez Díaz da clase de 2ºA do CEIP Padre Feijoo de Allariz gañou o Concurso de debuxo de Hoteis Oca . Tratábase de debuxar a aventura que lle gustaría ter en canto poida saír da casa. Ela debuxou a súa familia nunha fermosa praia en Foz. Velaquí o debuxo que fixo e a Zoe con Lupa, falando da súa obra. PARABÉNS ZOE!

DEBUXO PASCUA

Imagen
Como se aproxima a Pascua, propoñémosvos debuxar un coelliño!!! Mirade o vídeo que vos deixo, collede un folio e rotuladores ou pinturas e ánimo! Lembrade, xa fixemos esta actividade na clase, ide parando o vídeo cando o necesitedes!

E CON TODOS VÓS....2º A

Non podía recibir mellor agasallo para rematar a semana! Grazas! Bótovos de menos! Unha aperta virtual!💓

CONTOS CONTADOS: QUEN É ESE BECHO?...EU LEO NA CASA

Imagen
Queres escoitar un novo conto de Kalandraka  TV? Paco Nogueiras conta Quen é ese becho ? de Carmen Queralt. Premede na portada do conto ou no título para escoitalo...  e animádevos a crear un becho, reciclando cousas que teñades na casa ou materiais vexetais...Deixade voar a vosa imaxinación! Velaquí algúns exemplos: Bechos creados por Leo e Vera de 6 e 3 anos

APPS EDUCATIVAS PARA NENOS

Imagen
Para repasar online, cun pouco de xogo, no blogdelprofe , atopamos 10 apps educativas onde os nenos poden repasar matemáticas, lingua, inglés... Premede na imaxe e elixide cal é a que queredes utilizar : Quizziz, Simpler, Flipped Primary, Academons Primaria, Ta-tum, Smartick, Smile and Learn, M.A.R.S, Cerebriti Edu. Só tes que buscalas e descargalas! Pasade un bo día!

MISIÓN: QUEDAR NA CASA...EU LEO NA CASA

Imagen
Aquí tendes " Misión: Quedar na casa " e...que ben o estamos a facer, verdade? Trátase dun contiño coloreable dito e feito por Dalmaus e traducido por Cristina Delgado. Podédelo imprimir e colorear, ler ou debuxalo vós mesmos e... á volta, vémolos xuntos na clase!😊 Preme aquí para ler o "contiño" Preme aquí para imprimir e colorear

OS LETUBERS...EU LEO NA CASA

Imagen
Quen son os letubers? Son nenas e nenos, coma vós, aos que lles encanta ler. Fan as súas recomendacións  lectoras en " you tube ". "Pipi Mediaslongas", "Poemas o mar", "O rapaz do vestido", "Tres princesas namoradas"...son algunhas das recomendacións que nos achegan estes nenos a través dun proxecto en redes de Espazo Lectura . Escoitádeos!

BAÍA CON NÓS NA CASA... EU LEO NA CASA

Imagen
Baía Edicións deixa na súa web unha listaxe para que poidamos ler nestes días nos que todos estamos na casa.  Para  vós os máis adecuados serían: A casa máis animada   de  Cristina Sáez Cazallas  e  Almudena Aparicio  (ilustracións) e   O tempo do revés ,   María Solar ,  Arturo Iglesias  e  Xosé Tomás  (ilustracións) . Aquí volos deixo. Dámoslle as grazas aos autores e ilustradores por permitirnos gozar dos seus libros. Lembra...para lelos tes que premer na súa portada ou no título!😉

60-MINUTE SPECIAL CIRQUE DU SOLEIL 3 ABRIL

Imagen
E non vai ser só repasar... Se queredes ver un especial do Cirque du Soleil , aquí queda o vídeo:

QUÉROTE MÁIS

Imagen
Como dicimos na introdución do vídeo: "O agarimo de todas as mestras e mestres chega a vosa casa en forma de canción". Ánimo, xuntos venceremos! Todo vai saír ven" Que pasedes un bo día e...vémonos axiña!

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL...EU LEO NA CASA

Imagen
Hoxe tamén celebramos o día do Libro Infantil e Xuvenil. An Alfaya envíanos un fermoso vídeo no que le algúns poemas de "Soleando" ( Ed Galaxia ), ilustrado por Inma de Battle. E, xa sabes o que tes que facer. Preme no libro para escoitalos😉 Ah! E non esquezas darlle a Play!

2 de Abril, día Mundial do Autismo

Imagen
Hoxe, día 2 de Abril, celébrase o Día Mundial do Autismo. Propoñemos celebralo todos xuntos loitando unidos dende as nosas fiestras. Aquí deixamos as instruccións para facelo... Animádesvos?

ENGLISH TIME e HERE WE GO

Imagen
As teachers do noso cole puxeron en marcha dous blogs con suxerencias para que nos esquezades o inglés durante estes días en que todos temos que quedar na casa. Déixovos as ligazón para que poidades escoitar cancións, repasar, ver vídeos, xogar... Lembrade premer nas ligazóns para poder velos. English time é para os máis cativos e Here we go para os de Primaria.  para os máis pequenos para os de primaria

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Imagen
Lembrades este conto que limos en 1º polo día da Paz? Encantouvos! Sobre todo a canción! Así que aquí deixo o conto, a canción e algúns dos debuxos que fixéchedes!!!

MÁIS CONTOS...CONTOS CONTADOS...EU LEO NA CASA

Imagen
E aquí tendes máis contos dos que limos en clase: A que sabe a lúa A cebra Camila O coelliño branco A Editorial Kalandraka TV ofrécenos estes contos e moitos máis para escoitar na súa web. Animádevos! Deixade voar a vosa imaxinación! E...por que non? Facede un debuxo do conto que máis vos guste!  Podedes velos premendo na portada do conto ou no título.