HORA DE LER: ROSA CARAMELO

Lembrades que despois do primeiro recreo adicamos un tempiño á "Hora de ler"? Ás veces ledes vós en silencio contos da biblioteca de aula, ás veces lemos en voz alta contos que traedes da casa, outras leo eu algún conto, tamén vemos vídeos dos contos... 

Pois hoxe, como estades cada un na vosa casa, podemos lembrar o conto: Rosa Caramelo de Kalandraka TV: Contos Contados. 

Está narrado por Sandra Senra. Escoitade!



E...xa sabedes, facede clic na imaxe para escoitar o conto.

Comentarios